Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco, rei do empate

ChocoAtios_1

O equipo redondelán comezou o ano cun empate en Santa Mariña ante o Atios, no partido aprazado da sexta xornada. Cun home menos o o marcador en contra, o conxunto de Gonzalo Fernández acadou a igualada nos últimos minutos cun gol de Samu.

Terceira División

CD Choco 2-2 UD Atios

O CD Choco estreaba ano con fútbol tralo parón pola festividade de Nadal, disputando o partido aprazado da sexta xornada. A afección completou o aforo limitado para esta xornada. O arranque do encontro sería co tanteo inicial por parte dos dous bloques para ver quen se facía co control do esférico. Pronto os de “Gonza” comezaron a levar o timón do encontro, malia que o que se adiantou no marcador foi o conxunto porriñés no minuto 17, tras unha perda de balón do Choco no medio campo que aproveitou o equipo visitante con gol de Kiko. O equipo redondelán non baixou os brazos, e logo dunha boa ocasión de Davicín que bateu na madeira, no 21 cun gran centro a Félix, daría o pase do tanto que supuxo o empate. Ata o descanso houbo ocasións para os dous equipos pero o marcador xa non se movería. Tralo paso por vestiarios ao CD Choco coustoulle meterse no partido, cunha ocasión para o Atios que despexou Cortegoso. Seguiu insistindo o equipo visitante, que conseguiu unha pena máxima ao seu favor e expulsión de Guille por dobre cartón amarelo. O penalti transformouno Manu Vilán, quen subiría o 1-2 para o equipo de Porriño. Cun xogador menos e co resultado en contra os choqueiros terían que afrontar os derradeiros 25 minutos do encontro. Pero en contra do que se podia supoñer, o CD Choco rexurdiu e botou o resto. Unha nova ocasión de Davicín no 84 arrancaría o aplauso dos siareiros e de novo, no 86 Samu anotou o empate no marcador. Co 2-2 os choqueiros dobregaron forzas en busca dos 3 puntos. Tiveron ocasións pero faltou acerto, e o encontro remataría en táboas. E son xa 6 empates os que suma nas 11 xornadas de liga disputadas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará