Hoxe é Xoves 5 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os Reis Magos visitarán aos nenos de Pazos de Borbén “porta por porta”

Presentación cabalgata Pazos

A rapazada de Pazos de Borbén vivirán este ano unha cabalgata de Reis moi especial. Ante as restricións motivadas pola pandemia, o goberno local deseñou unha cabalgata “a domicilio” para o domingo, 3 de xaneiro. As Súas Maxestades de Oriente visitarán aos menores de 13 anos nas súas propias casas para entregarlles un agasallo personalizado. A cabalgata comezará ás 10.00, e para que todos os nenos estean nas súas casas para recibir a visita, o Concello publica un horario orientativo por parroquias. Así, os nenos e nenas de Moscoso, Xunqueiras, A Ermida, Pazos e Cepeda recibirán as súas maxestades pola mañá, mentres que cos de Amoedo, Borbén e Nespereira estarán pola tarde. Todos os agasallos que os Reis Meigos entregarán aos pequenos están personalizados e adaptados á idade de cada neno e nena. O alcalde de Pazos de Borbén, Andrés Iglesias, explicou que “malia todas as malas noticias que nos trouxo este ano a pandemia, queremos que o Nadal siga a ser unha época moi especial para os nenos do concello. Implica un esforzo en moitos sentidos, pero estamos convencidos de que pagará a pena”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará