Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“Os Bolechas” contan a historia de Redondela nos parques infantís

thumbnail_Digna Rivas e Alberto Álvarez. Parque da Xunqueira

A entrañable familia creada polo debuxante Pepe Carreiro conta dun xeito breve e ameno diferentes pasaxes da historia do municipio para dalos a coñecer entre os nenos. Os paneis xa están instalados no parque da Xunqueira e o de Trasmañó. A lenda da Coca ou a Batalla de Rande son algúns dos episodios que se estenderá a outras áreas infantís do municipio a medida que estes se vaian remodelando.

Que os máis cativos e cativas de Redondela comecen a tomar contacto “coa historia do municipio e as súas tradicións”. Este é o obxectivo dunha iniciativa posta en marcha polo Concello coa colocación de chamativos paneis informativos protagonizados polos Bolechas, nos recentemente remodelados parques infantís da Xunqueira e da parroquia de Trasmañó. Mentres que na área infantil da Xunqueira, “Os Bolechas” explican detalles sobre a Festa da Coca nunha linguaxe adaptada aos pequenos, no parque de Trasmañó ofrecen detalles sobre a Batalla de Rande, acontecemento intimamente ligado á súa parroquia. Trátase, sinalan a alcaldesa Digna Rivas e o concelleiro de Parques e Xardíns, Alberto Álvarez, “que os nenos e nenas comecen a coñecer a historia de Redondela dun xeito lúdico e divertido”. Escolleron para este fin aos Bolechas “porque son un referente para os máis pequenos e poden facelo mellor que ninguén”.

A iniciativa non queda cinguida a estes dous parques infantís senón que, tal e como explica Rivas, “estenderase aos demais parques do municipio a medida que vaian sendo reformados e, en cada un de eles, Os Bolechas explicarán as tradicións propias da parroquia”

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará