Hoxe é Martes 16 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela recuperará a Fonte de Santiago

fonte santiago

Uns traballos que se desenvolverán no primeiro semestre de 2021 e que contarán cunha subvención da Deputación de Pontevedra de 10.667 euros para a súa reparación.

Dentro da campaña para a rehabilitación e posta en valor do patrimonio histórico, artístico e cultural do municipio, o Concello de Redondela vai realizar as obras de mellora e restauración da Fonte de Santiago, situado na praza de Santiago Apóstolo. Unha fonte con tronco cuadrangular sobre a que atopamos un relevo coa imaxe de Santiago Matamouros a cabalo. A fonte posúe dous canos de auga que verten a unha pía inferior. Corona a fonte unha copa de pedra.

O proxecto foi redactado polo arquitecto Luís Gil Pita en colaboración co técnico do Servizo de Normalización Lingüística de Redondela e está previsto que as obras comecen no primeiro semestre do vindeiro 2021.

A recuperación da Fonte de Santiago, segundo explican a alcaldesa, Digna Rivas, e a concelleira de Patrimonio, María Castro, enmárcase dentro das distintas actuacións que o Goberno local “está desenvolvendo en materia de rehabilitación, conservación e posta en valor de todo o patrimonio cultural, histórico e artístico do municipio” co obxecto de “evitar a desaparición do noso patrimonio e por tanto da nosa historia e, ao mesmo tempo, dalo a coñecer e poñelo en valor como parte inseparable da identidade de Redondela”.

Ata o momento, foron recuperadas a Fonte da Raíña, en Cedeira, a recuperación do Cemiterio dos Eidos e a rehabilitación do edificio do antigo conservatorio de música, na rúa Isidoro Queimaliños.


.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará