Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Asociación de Empresarios de Redondela formará a 100 desempregados

Empresarios_reunion_2

A asociación pon en marcha un Programa Integrado de Emprego que se desenvolverá durante o ano 2021 e no que poden participar ata 100 persoas desempregadas. Julia Alonso, xerente da asociación, explica que formar a parados e mellorar a súa empregabilidade é “un reto” que poñen en marcha de xeito inminente logo dun ano “especialmente duro pola crise sanitaria, económica e laboral”. Estes días están inmersos no proceso de selección de candidatos, que aínda está aberto.

O proxecto comprende ata catro itinerarios formativos entre os que destaca o de Novas Tecnoloxías, para proporcionar habilidades en novas profesións, pero tamén traballarán sectores como o Comercio, o Turismo e a Administración.

O 45% dos participantes serán persoas novas, con especial atención a aquelas con pouca ou nula formación, e un 15% estarán reservadas a persoas maiores de 45 anos. O Programa Integrado de Emprego tamén terá en conta ás mulleres en situación de desemprego “porque a crise está afectando especialmente ao emprego feminio”, advirte Alonso.

Ademais o proxecto contempla itinerarios de apoio ao autoemprego o que abre un importante apoio a posta en marcha de novos proxecto de emprendemento empresarial. A crise está a crear “novas oportunidades para os emprendedores” e ao contrario do que se podería pensar na Asociación de Empresarios están a recibir cada día máis demandas de asesoramento nos últimos meses.

Alonso destaca que este tipo de programas de acompañamento á persoas desempregadas son “unha gran oportunidade para relanzarse profesionalmente e contar cun asesoramento personalizado para trazar os obxectivos profesionais”. As solicitudes para participar no programa poden tramitarse a través da web www.empresasredondela.gal, no teléfono da asociación 986 40 40 12 ou nas oficinas da rúa José Regojo, 2. Este novo proxecto de emprego está financiado pola Xunta de Galicia no marco dos Plans Integrados de Emprego de Galicia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará