Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER valora abandonar o goberno local de Redondela

AER

A decisión será tomada pola Asemblea da Agrupación de Electores, segundo anunciaron hoxe nun comunicado, unha vez se complete a valoración da primeira experiencia de goberno . Despois de ano e medio de coalición co PSdeG-PSOE, advirten que hai “pouca sintonía” cos socios de goberno.

En xullo de 2021 producirase o tradicional relevo dos concelleiros de AER, ao chegaren á metade de mandato. A incógnita nestes momentos é se as persoas de AER que se incorporen á corporación o farán como membros do goberno ou como parte da oposición. Desde a agrupación aseguran que a decisión trasladarase á alcaldesa, Digna Rivas “con tempo suficiente no caso de que teña que recompoñer o goberno local”.

A Agrupación de Electores de Redondela (AER) forma parte do goberno local desde xullo de 2019, logo de asinar un pacto de coalición co PSdeG-PSOE. Desde a formación aseguran que a experiencia de goberno está a deixarlles un sabor “agridoce”, e sinalan que o principal argumento para continuar na coalición é “a responsabilidade” fronte a veciñanza de Redondela. O obxectivo da agrupación é facer “o mellor para a vida pública de Redondela”, e despois de 18 meses dubidan se ese servizo se presta mellor dende o goberno “ou se fará máis eficazmente dende a oposición”.

En AER aseguran que ata o de agora fixeron grandes esforzos “para garantir a lealdade, ser construtivos e buscar puntos en común co socio de goberno”. E recoñecen que a realidade, despois de ano e medio de goberno bipartito, é que a filosofía de AER “dista moito do xeito de facer as cousas do equipo de Digna Rivas”. Lamentan que “esa distancia entre a forma de concibir a xestión pública duns e doutros non se reduciu nestes meses”.

Desde a formación aseguran que, sexa cal sexa a decisión, o compromiso de AER coa veciñanza “será da mesma intensidade de sempre”, tanto se seguen no goberno como se volven á oposición.

A Agrupación de Electores de Redondela cuenta con 3 concelleiros na corporación local, dun total de 21 edís. Forman goberno co grupo socialista, que conta con 7 concelleiros, sen maioría absoluta. Son 11 os concelleiros da oposición, con 9 do PP e 2 do BNG.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará