Hoxe é Martes 16 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os comercios e prazas de Redondela repartirán máis de 6.000 euros en premios este Nadal

Digna Rivas e María Castro. Dinamización Mercado de Abastos

Dende o 15 de decembro e até o 5 de xaneiro todo aquel que merque nos establecementos comerciais do municipio ou nos postos das prazas de Redondela e Chapela recibirá un boleto para participar no sorteo de 16 cestas de produtos gourmet e 750 bolsas promocionais, así como premios directos. Unha campaña de dinamización do comercio de proximidade, que neste ano de pandemia no que se produciu un descenso notable nas vendas, quixo sumar ás prazas de abastos, co obxectivo de incentivar a comprar no ámbito máis próximo xa que é, como subliñaba a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, na presentación da campaña este venres “un dos eixos básicos da economía local”.

A campaña, que comezará o próximo martes e prolongarase ata a véspera de Reis, permitirá aos consumidores gañar premios directos polas súas compras, en total repartiranse máis de 6.000 euros, así como 16 cestas de Nadal compostas por produtos gourmet que foron adquiridos polo concello de Redondela en diferentes establecementos do comercio local, co dobre obxectivo, segundo apunta a administración local de “axudar ao comercio de proximidade nestes tempos complicados e contribuír a dinamización comercial do municipio”, demostrando que sen saír dos límites do noso concello podemos atopar todo o que desexemos mercar.

A Asociación de Empresarios de Redondela colaborou nesta campaña coa decoración de Nadal das prazas de Abastos e a impresión dos boletos para poder optar aos distintos premios. Tamén repartirán 20.000 bolsas para promocionar o comercio coa imaxe da Ponte de Rande, como un dos símbolos representativos de Redondela.

Unha iniciativa, que segundo adiantaba a concelleira de Comercio, María Castro, enmárcase na campaña global de posta en valor e dinamización do comercio local para estas festas que se presentará a próxima semana.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará