Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Sergas chama a 3.500 persoas de Redondela a participar no cribado da Covid

CovidAuto

A área Sanitaria de Vigo está a facer o chamamento a través dunha mensaxe SMS no móbil a veciños de Redondela de entre 18 e 65 anos. O cribado realizarase até o venres, no Covid-Auto do Hospital Álvaro Cunqueiro. A proba diagnóstica será unha PCR e a participación é voluntaria.

Segundo explica a xerencia do Sergas, a decisión adoptouse dada a elevada incidencia da covid-19 mantida nos últimos 14 días nesta localidade. O obxectivo é captar o maior número de persoas que estean infectadas pero que non presenten síntimas. Segundo os últimos datos do Sergas, en Redondela hai actualmente diagnosticados 118 casos activos de Covid-19, cunha incidencia acumulada nos últimos 14 días de 349 casos por cada 100.000 habitantes. A elevada incidencia mantén a Redondela no nivel máximo de restriccións, e medidas como o cribado que está a realizarse pretender deter a expasión do virus, detectando posibles casos de positivos asintomáticos. Este cribado era unha petición que desde hai semanas viña facendo a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, para coñecer o nivel real de propagación da Covid-19 no municipio.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará