Hoxe é Xoves 2 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Sergas fará un cribado entre a poboación de Redondela

covidauto

A Xerencia da Área Sanitaria de Vigo comunicou oficialmente este luns ao concello de Redondela a realización dun cribado con probas PCR entre os veciños do municipio. As probas realizaranse no hospital Álvaro Cunqueiro e no Meixoeiro co obxectivo de coñecer cal é a incidencia da pandemia en Redondela.

Logo das reiteradas peticións feitas nas últimas semanas pola alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, para que o Sergas fixese un cribado entre os veciños do municipio para coñecer cal é o nivel de propagación do virus entre a poboación, este luns, a Xerencia da Área Sanitaria de Vigo, confirmaba oficialmente que se realizarán probas entre a poboación redondelán. PCR´s que se farán nos hospitais Álvaro Cunqueiro e Meixoeiro co sistema do “covidauto”.

A rexedora local fai fincapé en que para que unha administración local poida “optimizar os seus recursos na loita contra a pandemia e poñer todos os medios para garantir a seguridade sanitaria da veciñanza, é imprescindible coñecer o alcance real da pandemia”.

Rivas insta ao Sergas a que lle faga probas a todo o persoal do Servizo de Axuda no Fogar, xa que os traballadores “están en contacto directo con persoas incluídas no grupo de risco e cos que hai que extremar as precaución”

A residencia de maiores de Cesantes suma catro traballadores infectados

O gromo detectado na residencia de maiores de Cesantes esta fin de semana mantén estable o número de usuarios positivos. Son once os casos, segundo os datos deste luns da Consellería de Sanidade. Pero a esa cifra temos que engadir catro traballadores do centro que deron positivo nas últimas horas.

Os últimos datos da Consellería de Sanidade, a seis de decembro, cifran o número de positivos por coronavirus en Redondela en 116 casos e 419 persoas en seguimento estreito por ter contacto directo cun infectado.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará