Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Reparto de puntos sen goles en Santa Mariña

ChocoAlondras

Os de “Gonza” sumaron un empate no encontro ante o Alondras, cun gran Cortegoso como protagonista. E hoxe regresan aos adestramentos porque mañá martes disputan a 9ª xornada no campo do UD Ourense. Os xuvenís de División de Honra, que se enfrontaron ao Deportivo na Coruña, fixeron un gran partido ante o líder, pero regresaron de baleiro. No fútbol sala de Terceira o Campito sumou un empate en Noia.

Terceira División

CD Choco 0-0 Alondras CF

O frío e a choiva foron tamén protagonistas nun partido duro para o Choco. Comezaba a cita log dun minuto de silencio en memoria de dous aficionados e amigos do club falecidos recentemente. Os primeiros minutos do partido foron de tanteo, cos dous equipos buscando levar a iniciativa. O Alondras comezaba ademáis cunha presión moi alta impedindo o xogo combinativo do equipo redondelán. Co paso dos minutos íase notando máis o dominio choqueiro. Con bo trato de balón lograban xogar en campo rival pero sen materializar as ocasións creadas. No 16 e logo dunha falta de Sergio Santos, que lle costou o cartón amarelo, o tiro de Martín pola escadra foi despexado polo outro Martin, o porteiro. Coa mesma tónica de control pero sen aproveitar as ocasións, chegouse ao descanso. Tralo paso por vestiarios veríase a un CD Choco máis decidido a levar o control do partido dende os minutos iniciais. Tiveron ocasións Guille e Luimi, pero sen acerto. Tamén o Alondras CF tamén logrou dominar nos últimos minutos de xogo, con varias chegadas que obrigaron a Cortegoso a empregarse a fondo, pero finalmente o partido rematou sen que o marcador se movese.

E sen tempo para o descanso mañá martes, 8 de decembro, o CD Choco desplázase a terras ourensás para disputar o partido da novena xornada de Liga contra o UD Ourense. Un partido compricado que se fai aínda máis difícil pois en a penas 3 días o equipo choqueiro disputará dous encontros. Unha tónica á que terán que acostumarse os xogadores pois este ano haberá partidos entre semana, polo tema dos aplazamentos por motivo da COVID -19.

Xuvenil División de Honra

Deportivo 3-1 Choco

O xuvenil redondelán plantou cara ao líder, malia regresar sen premio de terras coruñesas. Comezaba o encontro en Abegondo nunha mañá xélida. Os primeiros minutos pasaron sen ocasións de gol para ningún dos dous bloques, pero co Depor levando o control do partido. O Choco tentaba frear as chegadas do equipo coruñés cunha boa defensa. A primeira ocasión dos redondeláns foi no minuto 11, e a partir de aí recuperaron o seu xogo combinativo, con máis facilidades para crear xogadas que supuñan ocasións de perigo. O primeiro gol chegou no minuto 37 para os locais, tras un perfecto tiro de falta imposible para o porteiro redondelán, que non impediu que o Choco seguira a tentalo ata o descanso. No segundo tempo Alberto Suárez cambiaría o sistema coa incorporación de Victor Alonso. A intensidade do encontro crecía nestes primeiros minutos da segunda parte. Tras uns primeiros insitantes de tanteo entre os dous bloques, os dous equipos buscaban xogadas de perigo, o Depor para aumentar a vantaxe no marcador e o Choco na procura do empate. Nunha ocasión con remate de Victor Alonso o balón foi fóra. O Choco buscaba o gol, cunha defensa férrea e unha presión alta, pero serían o conxunto local quen aumentaría a súa renda cun gol no 83 de Do Carmo. Con 2-0 no marcador chegou o tanto choqueiro cun gol de Hugo Fariña 3 minutos despois do gol deportivista. O empate era posible, e o conxunto vermello non deixou de tentalo, pero una contra cun un para un de Nájera con Rojo desfixo as esperanzas dos de Suárez, xa co tempo cumprido marcaba o 3-1. O CD Choco tería unha ocasión máis no min. 92 co tiro dun penalti realizado por Miguel Durán pero detivo o lanzamento o porteiro coruñés, sendo o resultado final de 3-1.

O susto da xornada protagonizouno Javi Labrada, que tivo que ser retirado do terreo de xogo tras un golpe que lle supuxo 8 puntos de sutura nunha nádega. O xogador atópase en bo estado.

Na próxima xornada o Choco recibe ao Ural, situado na parte baixa da táboa.

Fútbol Sala Terceira División

Noia Portus Apostoli “B” 2-2 Campito Chapela

O proximo domingo xógase en Chapela o partido Campito-ED Vigo. O Campito é 5º do grupo, ao sumar o segundo empate na súa segunda xornada, mentres que os de Vigo son 6º, só suman 1 punto.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará