Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Diversión e creatividada nas actividades de Nadal para a rapazada de Soutomaior

clausulas-creativas-2020-500x675

O Concello de Soutomaior ofrece un programa de actividades educativas para este Nadal. Levaranse a cabo de xeito virtual, para que sexan totalmente seguras para os participantes, a través da plataforma Jitsi Meet. A inscrición xa está aberta na páxina web municipal, poden reservar praza ata o 18 de decembro.

A responsable da OMIX de Soutomaior, Sonia Pintos, explica que o programa deste ano inclúe tres tipos básicos de actividades: as dedicadas aos xogos e a súa construción, as de cociña e as ideadas para que os participantes elaboren os seus propios agasallos de Nadal. Así, os mozos aprenderán a construír un futbolín que se poden converter en labirinto, estampar teas de forma ecolóxica, cociñar sobremesas de todo tipo, facer testos con formas tribais e mesmo a confeccionar e personalizar fundas para teléfonos móbiles. Todas as actividades están adaptadas ás idades dos participantes polo que se crearán varios grupos de idade desde os 6 até os 18 anos. As actividades programadas inclúen un obradoiro “3R” que se realizará exclusivamente con materiais reutilizados para darlles unha segunda vida. Os interesados en participar poden resolver as súas dúbidas a través do teléfono da OMIX no 986 700 822, ou mediante o número de whatsapp 638 822 868.

Vídeo chamada dos Reis Magos

Outra das novidades dentro do programa de actividades do Nadal é a posibilidade de que os pequenos reciban a visita dos Reis Meigos de forma virtual, a través dunha chamada de vídeo. A iniciativa está dirixida a nenos de entre 2 e 10 anos de idade. Os interesados en recibir esta visita virtual deberán solicitalo a través da web municipal e seleccionar unha data e hora entre todas as dispoñibles. Poderanse escoller datas comprendidas entre o 30 de decembro e o 5 de xaneiro. O prazo para solicitar a chamada finaliza o día 29 de decembro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará