Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela comeza a desescalada no nivel máximo de restriccións

restricciones-01

O municipio afronta desde o venres unha desescalada marcada pola ponte da Constitución na que se irán modificando as restricións impostas pola pandemia de coronavirus. A Xunta de Galicia establece catro niveis diferentes de restriccións, e Redondela está no nivel máximo, polo que a hostalaría só poderá abrir as terrazas, cun 50% de ocupación e para grupos dun máximo de catro persoas, e ata as 17.00 horas.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, detallou cales son os niveis de desescalada que inicia Galicia este venres ás 00:00 horas. Establécense catro niveis de restrición na desescalada: máximo, medio-alto, medio, básico. Redondela está no nivel máximo, igual que o resto de Concellos de máis de 10.000 habitantes con incidencia acumulada igual ou maior a 250 casos por cada 100.000 habitantes a 14 días. A hostalaría de Redondela so poderá abrir desde o venres as terrazas ao 50% de aforo, e para grupos dun máximo de catro persoas con limitación horaria ata as 17.00 horas. No nivel de restrición medio-alto quedan os municios veciños de Vigo e Mos, que rexistran unha incidencia entre 150 e 250 casos por cada 100.000 habitantes a 14 días. Neste caso a hostalaría pode abrir cun 30% de aforo no interior e un 50% no exterior, ata as 17:00 horas. Poderán agruparse catro persoas como máximo. Tamén quedan neste nivel Nigrán, Gondomarde e Cangas.

Soutomaior en restricción nivel medio

Máis liberdade horaria terán os locais de Soutomaior, con nivel de restrición medio. Permítese a apertura da hostalaría cun 40% de ocupación interior e un 50 % na terraza, ata as 23:00 horas. Poderán agruparse seis persoas como máximo.

No caso de Pazos de Borbén e Fornelos de Montes, quedan no nivel de restricción básica: hostalaría aberta ata as 23.00 horas ao 50% de aforo no interior e o 75% no experior con agrupacións máximo de 6 persoas.

Sen cambios no comercio

Non haberá cambios no comercio, onde segue rexendo unha ocupación máxima do 50 por cento. Tampouco hai cambios no transporte público nin no toque de recollida, que segue fixado nas 23:00 horas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará