Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Andaina celebra o Día Internacional da Diversidade Funcional loitando pola inclusión

AndainaActo

O Multiúsos da Xunqueira acolle mañán os actos cos que esta asociación celebra esta xornada, e que inclúen a lectura dun manifesto e a entrega dos Premios Andaina 2020 á Diversidade. Ante a limitación do aforo por mor dos protolocolos Covid, a asociación e o Concello de Redondela retransmitirán o acto en directo a través das súas páxinas de Facebook a partir das 12.00. Antonio García, o responsable de Andaina, confía en que deste xeito todos os que o desexen poidan seguir esta celebración.

A asociación redondelá, que atenden a persoas con necesidades especiais, súmase tamén á iniciativa “Baixo o mesmo paraugas”, e anima a toda a veciñanza, colectivos e asociacións a enviar as súas fotografías cos paraugas “para encher de cor as redes”. Poden envirase ao enderezo electrónico andainaredondela@hotmail.com. Con todas as imaxes recibidas farán unha exposición no Multiusos da Xunqueira “para facer visible a diversidade”.

Esta xornada internacional serve para poñer de manifesto “a reivindicación pola equidade e a xustiza social”. Para Antonio García a mellor nova sería “que non houbese que celebrar un Día Internacional da Diversidade Funcioal”, porque iso suporía que “todos os días o son”, pero mentres segurián loitando “para unha inclusión real de todos e todas”.

Na xornada de mañán lerase o manifesto co gallo desta celebración internacional, e tamén celebrarán á gala dos Premios Andaina á Diversidade 2020, que non puido celebrarse no seu día a causa da pandemia e o confinamento. No apartado audiovisual os traballos gañadores son “Un día cualquiera, joder”, da viguesa Vanesa Rodríguez, e o documental “Cuando Lola no esté”. Na categoría de debuxo a premiada é unha alumna do colexio Vigo, e no apartado de entidades Andaina recoñece o traballo da Fundación Celta Integra.

Novas instalacións no Centro Comunitario de Trasmañó

A asociación Andaina, sen ánimo de lucro, atende a unhas 40 familias tanto de Redondela como do resto da comarca. Comezaron hai case 10 anos, para cubrir as necesidades de nenos e nenas con diversidade funcional con programas asisitenciais, e tamén de ocio e tempo libre. Agora tamén prestan este servizo a adultos, e as novas instalacións das que dispoñen no centro comunitario de Trasmañó permítelles “seguir medrando”, ao tratarse dunhas instalacións “totalmente adaptadas e accesibles”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará