Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os equipos do Choco suman e seguen

ChocoEstradaense_1

O conxunto de Terceira División empatou no campo do Estradense, mentres que o Xuvenil de División de Honra impúxose ao Racing de Ferrol por 3-0, o que leva aos de Alberto Suárez a situarse na parte alta da táboa, empatado a puntos con Celta, Conxo e Lugo.

Terceira División

Estradense 1-1 Choco

Moita prudencia e respecto entre os dous rivais, polo que o reparto de puntos semella un resultado xusto para o encontro. Foron os de Alberto Mariano os que golpearon primeiro e só tardaron oito minutos en facelo. Os locais sairon con forza ao campo e tras dous avisos atoparon o tanto. Foi unha xogada pola esquerda, con centro de Mateo. Javicho, baixou o balón na área e cedeuno á frontal para que Brais Calvo marcase cun preciso golpeo. Ese temperán tanto condicionou en gran medida o encontro. O Choco presionou, colocando a súa liña defensiva moi arriba para afogar a saída de balón rival. Pouco antes do descanso chegou o tanto do empate. O Choco enlazou unha longa xogada que rematou cun bo centro de Comis á área. Alí Félix empurrou o balón á rede de cabeza. Despois do descanso os dous equipos gozaron de ocasións, pero o marcador xa non se moveu. O Choco, que agora é 5º, recibe o domingo ao Alondras, 2º na táboa.

Xuvenil División de Honra

Choco 3-0 Racing de Ferrol

Segunda vitoria do Choco, que se impuxo con claridade ao Racing. Gran vitoria dos de alberto Suárez, que se coloca na parte alta da táboa. Os redondelanos dominaron desde o principio, e á media hora lograron romper a igualdade inicial. ao Deportivo, líder do grupo con 10 puntos, ségueno agora con 7 o Choco e o resto de equipos cos que está empatado: Celta, Conxo e Lugo. Na próxima xornada os de Redondela visitan o campo do líder en terras coruñesas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará