Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A SAR escala posicións a conta do Lavadores

SARlavadores_o

O conxunto redondelán superou no derbi comarcal ao UB Lavadores por 27-25. Os de Pablo Muiños suman a segunda vitoria nun partido moi disputado. O Rodosa Chapela perdeu ante o líder, o Ampate Lanzarote.

Primeira Nacional

SAR Plastic Omnium 27-25 UB Lavadores

Segunda vitoria consecutiva do equipo redondelán, que superou ao UB Lavadores por 27-25 nun dos partidos máis pelexados da tempada. Dous puntos importantísimos para o conxunto de Pablo Muiños e que lle darán a confianza necesaria a este xoven plantel. Afrontarán con ánimos renovados o seu seguinte enfrontamento, que será o vindeiro sábado contra o Balonmán OAR .

Chapela 16-27 Ampate Lanzarote

O Chapela mantén o 3º posto, pero amplía distancias coa cabeza do grupo e agora está a 4 puntos do liderado que comparten Xiria e o Ampate Lanzarote. O conxunto canario foi precisamente o seu rival esta fin de semana, e impúxose aos de Fran Teixeira. Na próxima xornada visitan a pista do Ingenio, situado na metade da táboa.

División de Honra Prata Feminina

SAR Rodavigo-Valladolid (aprazado)

O encontro prevista para esta pasada fin de semana aprazouse ao detectarse positivos por Covid no plantel do conxunto visitante. Na próxima xornada a SAR viaxa a Canarias para xogar na pista do Tenerife.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará