Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Seis do Nadal vence en Chapela ao Rodosa

ChapelaMagope

O conxunto vigués deu a sorpresa da xornada ao impoñerse aos de Fran Teixeira, que comezaban o encontro no liderado da categoría. Por outra banda, aprazáronse os partidos da SAR, tanto na categoría faminina como na masculina por casos de Covid-19.

Primeira Nacional

Chapela 26-29 Seis do Nadal

O Magope Seis do Nadal deu a sorpresa da xornada en Primeira Nacional ao imporse en Chapela ante o Rodosa nun partido que se decantou do lado vigués nos primeiros minutos da segunda parte. Os de Coia cheaban ao pavillón Manuel González Soto como sextos clasificados, mentres o Chapela compartía o liderado con Calvo Xiria e Gourmet Ampate Lanzarote. Pero o Magope non lle pudo as cousas doadas, e desde o comezo fixeron un xogo moi competitivo. No descanso adiantábanse por un gol (13-14). No comezo da segunda parte aproveitaron a exclusión de Rubén Figueirido para anotar un parcial de 0-4. O técnico de Chapela pediu tempo morto, e despois o Rodosa tentou a remontada, pero a defensa do equipo vigués conseguiu manter ao Magope por diante até o final do partido. O Chapela segue 3º, pero agora a 2 puntos do liderado. Na próxima xornada repiten como locais ante o Ampate Lanzarote, 1º na táboa.

Aprazados os encontros da SAR

Na División de Honra Prata Feminina quedou aprazado o encontro entre o CB Zonzamas e a SAR Rodavigo. Entre o cadro redondelán detectáronse dous positivos de Covid-19 nas probas de antíxenos realizadas o venres, malia que a PCR posterior realizada na fin de semana para confirmalo, o resultado foi negativo. No club trasladaron a Sanidade e á Federación os resultados e, por precaución, decidiron non viaxar seguindo os protocolos anti-Covid. No equipo feminino confían en volver aos adestramenos esta mesma semana. Con todo, non disputarán o encontro da próxima xornada, xa que o seu rival, o Valladolid, si presenta varios casos positivos de Covid-19 confirmados por PCR, polo que deberán gardar a corentena.

En canto ao equipo masculino de Primeira Nacional, o plantel ten un positivo de coronavirus confirmado por PCR, e todo o equipo deberá manter uns días de illamento, malia que o resto de xogadores deron negativo nos test serolóxicos. Quedou aprazado o partido ante o Lanzarote.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará