Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello traslada á Xunta o certificado de crédito esixido para garantir a reforma da Avenida Mendiño

mendiñoradioredondela

O goberno local trasladou á Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) a súa intención “de non renunciar” ao convenio para a mellora da Avenida de Mendiño e “xa emitiu a retención de crédito pola cantidade acordada inicialmente”, tal e como lle instaran dende a Xunta. Con todo, lamentan que a comunicación remitida pola Axencia “insta ao Concello a admitir unha proposta que non se axusta á normativa vixente e na que non figuran os cambios propostos”.

En todo caso, o Concello de Redondela “estaría tan interesado na sinatura do convenio de colaboración que xa emitiu a retención de crédito pola cantidade acordada inicialmente” e amosase disposto “a aumentala para este ano 2020 ao 50 % ingresándoo neste mesmo exercicio, sempre que a Xunta poida dispoñer da súa parte de fondos para este ano e inicie a contratación no ano 2020”.

Con iso, puntualiza a alcaldesa, Digna Rivas “queda patente o interese deste concello por avanzar na sinatura deste convenio e que, en ningún momento, pensa renunciar a el”.

Lembran dende o goberno que logo da recepción do primeiro borrador de convenio, o Concello remitiu á Axencia Galega de Infraestruturas –no mes de abril e con constancia da súa recepción na AXI– un informe no que se pedía correccións sobre o importe das achegas do Concello para esta obra xa que se sinalaba que “lle corresponderían custos dos servizos municipais de abastecemento e saneamento e co 50 % do importe do alumeado”, pero a maiores, “o convenio engadía a semaforización”. Precisamente no escrito remitido á Xunta sinalábase “que dita semaforización non forma parte dos servizos municipais de prestación mínima”, polo que debería eliminarse dita referencia.

O escrito da Alcaldía recalca “o interese de continuar coa tramitación e a sinatura do convenio de colaboración e en ningún caso –insiste– expón a súa renuncia” polo que solicita a AXI remisión “da proposta definitiva coas porcentaxes e anualidades que resulten da mesma para poder remitir a conformidade e o compromiso de crédito, continuando co espírito de colaboración e cooperación que presidiron a tramitación deste convenio entre a Axencia e este Concello”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará