Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG desmárcase dos actos do 25 de Novembro por “non estaren a altura da situación actual”

jessica

O anuncio das actividades a desenvolver dende a Concellaría de Igualdade son consideradas dende o BNG “ritualistas e pouco ambiciosas”. Consideran que non están á altura da actual situación de violencia que moitas mulleres están a sufrir motivo polo que deciden desmarcarse das convocatorias, entre elas o acto institucional que terá lugar este mércores ás 12:00 horas na Casa do Concello.

Estamos nun momento onde por causa dos confinamentos as consultas ao 016 aumentaron notablemente, mentres que as denuncias por violencia diminuíron, polo que a campaña dunha institución pública debe ir más alá do simbólico e centrarse en facer pedagoxía con toda a veciñanza, explican dende o BNG quen botan en falta unha campaña “que debería estar enfocada en educar e concienciar para a erradicación de  tódalas violencias exercidas desde o heteropatriarcado, implicando a todos os veciños e veciñas de Redondela”.

Neste sentido apuntan que a iniciativa da colocación de bolboretas en diferentes puntos de Redondela é unha actividade axeitada “para un determinado colectivo, como o estudantil, mais agardabamos unha programación máis ambiciosa”. “O discurso de igualdade do Concello de Redondela non pode centrase só na orixe do 25 de novembro, senón que debe estar en consonancia cos avances e debates que se están dando nos colectivos feministas neste momento, como poden ser os debates ao redor da prostitución, da violencia sexual ou da loita para superar o actual marco legal patriarcal que estipula que a violencia machista só se limita ao ámbito familiar ou da parella” explica a nacionalista Jessica García.

Dende o Bloque emprazan ao goberno, a un cambio de rumbo nas actividades desenvolvidas desde a área de igualdade. “Debemos escapar do ritualismo de certas actividades, que só nos levan a un desleixo e ocultamento destas violencias que acotío están a sufrir moitas mulleres. De nada serve colgarnos un lazo o 25N se o resto do ano non se desenvolve nin unha soa actividade de igualdade en Redondela”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará