Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela visibiliza o colectivo trans

expo trans

Unha traballadora do Concello, Carolina Smith, primeira muller galega que optou por cambiar de sexo foi a encargada de inaugurar unha exposición fotográfica no Multiúsos da Xunqueira co gallo do Día Internacional da Memoria trans o pasado venres. Xunto coa alcaldesa Digna Rivas, e  integrantes dos colectivos Pvlse de Vigo e Irisar de Redondela lembraron as duras experiencias dun colectivo que ten que enfrontarse diariamente á incomprensión da sociedade motivo polo que aplauden a futura lei trans en fase de tramitación “que suporá un avance en dereitos”. A mostra baixo o título “Vigo é nome de muller” pódese visitar no Multiúsos ata o 9 de xaneiro.

Carolina Smith fálanos da súa experiencia persoal

Retratos doutras épocas, principalmente dos anos 80 e 90, nos que se recollen imaxes de mulleres que tiveron que enfrontarse a unha sociedade que non as aceptaba pola súa condicións transexual. Da dureza daquelas épocas da conta o feito de que practicamente ningunha das retratadas nesas imaxes siga non vida. Unha supervivente é Carolina Smith (Carolina Graña, 1969), veciña de Redondela e actual traballadora do Concello, quen con tan só 16 anos optou por un cambio de sexo no ano 1985.

Unha muller que non esquece a dureza daqueles anos, exercendo a prostitución e sufrindo violacións, maltratos, palizas e encarceramentos. En moitos casos “os mesmos que nos buscaban para pasar a noite con nós eran os que de día nos humillaban”.

Viviu anos difíciles nos que a violencia estivo moi presente

Lembra a todas as que xa non están, pero sobre todo insiste na necesidade de visibilizar a transexualidade para favorecer aos que veñen, a todos os nenos e nenas que a día de hoxe aínda se teñen que enfrontar a incomprensión dos que o rodean.

Confía en que estas actividades servan para poñerllo máis doado ás novas xeracións

Neste sentido, dende a asociación redondelá Irisar aplauden a lei trans, actualmente en tramitación, por entender que malia as súa carencias suporá garantir dereitos a todos e todas e un avance social que beneficia a toda a cidadanía.

Eva Alonso, colectivo irisar

Carolina exerceu a prostitución en Vigo pero tamén en Madrid, no parque do Oeste onde chegou a coñecer a La Veneno unha muller que asegura “fixo moito dano ao colectivos transexual”. A súa vida aínda lle deparou moitas sorpresas como chegar a rodar con Pedro Almodovar participando na película Todo sobre mi madre.

Carolina compartiu vivencias con La Veneno

Agora en Redondela compaxina o seu traballo de barrendeira no Concello coa súa faceta máis artísticas, cun cabaret que confía poder estrear tamén no nosos concello.

Concluía Digna Rivas insistindo na necesidade de seguir avanzando para loitar contra a transfobia, motivo polo que o Concello de Redondela súmase a este tipo de actos que buscan visiblizar unha realizade que é preciso naturalizar.

Digna Rivas, alcaldesa de Redondela
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará