Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As inspeccións de Medio Ambiente logran identificar unha empresa que realizaba vertidos ilegais en Redondela

vertidomobles

Mobles, restos de amianto e cascallos son os vertidos ilegais que máis se repiten nos montes e en diferentes puntos do concello. Prácticas ilegais que conlevan unha importante sanción económica. Malia que é moi difícil detectar aos seus autores, hai xa aberto un expediente sancionador a unha empresa de Vigo que supostamente sería a autora do depósito de varios vertidos ilegais no noso municipio.

Roberto Villar fálanos dos vertidos ilegais detectados en Redondela

Multas de 1.500 a tres mil euros para os autores dos vertidos ilegais. Unha cantidade económica que se incrementa ata un mínimo de nove mil euros no caso de que se trate de material perigoso como é o amianto. Uns vertidos que desgraciadamente non son excepcionais no noso concello, xa que segundo explica o Concelleiro de medio Ambiente, Roberto Villar, detéctanse periodicamente restos non permitidos ao carón dos contedores ou vertidos abandonados en medio do monte.

Nalgúns casos detrás destes vertidos están empresas de construción que se queren aforrar os cartos que implica desfacerse do amianto ou doutros tipo de material, que requiren un tratamento especial pola súa perigosidade, pero tamén veciños a nivel particular que non son conscientes do prexuizo que causan estas prácticas ilegais así como da sanción económica que lles pode supoñer ese comportamento incívico.  

Un dos últimos casos foi o dunha empresa viguesa que supostamente realizou varios vertidos en Redondela e que foi localizada polos axentes de Medio Ambiente logo de comprobar os seus itinerarios.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará