Hoxe é Domingo 29 de Novembro de 2020

Aprazado o partido do Choco por un positivo no club

ChocoCovid

O Choco non poderá defender esta fin de semana o liderado da Terceira División no grupo B que conquistou o pasado domingo na Lomba. A Federación Galega de Fútbol anunciou a suspensión do seu encontro ante o Atios por un positivo en Covid-19 no club redondelán. Tamén queda aprazado outro encontro correspondente á sexta xornada da categoría no grupo A, o Viveiro-Silva, do grupo norte, por positivo no conxunto visitante. Os clubs buscarán data para a disputa deses partidos cando a súa situación sanitaria o permita.

O xuvenil de División de Honra suma o primeiro punto da temporada

Por outra banda, o equipo xuvenil do Choco puido disputar onte o partido da primeira xornada de División de Honra Xuvenil, que tivo que ser aprazado no seu día. Os redondeláns empataron 2-2 na casa do Conxo. Este domingo disputarán o encontro correspondente á xornada 4 contra o Pabellón Ourense CF, en Santa Mariña a las 12.00 horas.

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *