Hoxe é Sábado 27 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela ofrece á mocidade atención telefónica ante o consumo de drogas e outras adiccións

drogas

A Asociación Érguete en colaboración co Concello pon en marcha un Servizo Telefónico de Prevención e Información sobre Adicións. Así, dende o pasado luns os mozos e mozas do municipio poderán facer as súas consultas por WhatsApp ou por chamada de maneira totalmente anónima en horario de mañá no número 634 331 233.

Xa sexa vía WhatsApp ou vía chamada, os rapaces e rapazas poden consultar todas as súas dúbidas ou preocupacións con profesionais de maneira totalmente anónima. O servizo nace co obxectivo de ofrecer información e orientación sobre as diferentes substancias aditivas e os efectos derivados do seu consumo, como enfrontarse ás situacións conflitivas derivadas de dito consumo e cales son os recursos dispoñibles onde podemos acudir.

Este servizo é gratuíto e atenderá de forma totalmente anónima e confidencial de luns a venres en horario de 08:30 h a 15:00 horas. Aquelas persoas que o precisen poderán facer uso deste servizo no teléfono 634 331 233.

A coordinadora de prevención da Asociación Érguete, Laura Durán, explica que con este servizo “os mozos e mozas terán unha ferramenta accesible para poder previr e recibir axuda con problemas de condutas aditivas”. Ademais, a experta afirma que o novo servizo é un gran complemento para todas as tarefas de prevención que a entidade realiza en todos os centros educativos do Concello de Redondela.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, agradeceu a colaboración que “dende sempre mantivo Érguete co Concello e que, agora, permite poñer en marcha este servizo coa intención que sexa unha ferramenta útil e de axuda para as nosas mozas e mozos”.

O Servizo Telefónico conta coa subvención da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará