Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Obradoiro de costura creativa na Asociación Social e cultural de Chapela

costura

Personalizar a túa roupa, crear deseños de mochilas, máscaras, bolsas… darlle cor ao complementos. Tanto si coses como se non, dende a Asociación de Chapela animan a achegarse o vindeiro luns 23 de novembro en horario de 10:00 a 12:00 horas a un obradoiro de costura creativa que se vai desenvolver de  xeito gratuíto no Multiúsos do Piñeiral en Chapela. Compre inscribirse previamente no teléfono 607883585.

Unha iniciativa de balde que serve tamén apra dar a coñecer este curso entre as persoas interesadas, que no caso de querer continuar aprendendo a coser ou perfeccionar as súas habilidades coa costura poderán inscribirse na actividade que ofrece unha hora semanal e ten un custe de 15 euros/mes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará