Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pablo Muiños: “Temos que seguir pelexando e consolidar a este equipo que é moi novo”

SARvecindario

O adestrador da SAR Plastic Omnium sinala que neste comezo da competición xa se enfrontaron aos equipos máis fortes da liga. A Primeira Nacional supón un categoría moi esixente, e os xogadores da SAR, que son moi novos “están a facer un bo traballo”. Logo da vitoria da pasada xornada preparan a viaxe a Canarias para medirse ao Tejina.

O triunfo en Redondela ante o Vecindario, con remontada incluída, supón unha inxección de moral para o equipo. Agora o calendario marca varios partidos ante rivais “da súa liga” e Muiños confía en seguir sumando.

Nas últimas xornadas o equipo mellorou algúns aspectos do xogo, pero o adestrador sinala que aínda deben traballar máis na defensa. Para iso fala da necesidade de ir “dando confianza aos rapaces”. Trátase dun plantel moi novo, con moitos xogadores que eran xuvenís a pasada temporada. O obxectivo é situarse nunha posición tranquila na metade da táboa.

A situación sanitaria pola pandemia da Covid-19 complica o traballo tanto deportivo como fóra das pistas. Moitos xogadores máis veteranos deixaron o club. O confinamento e as restriccións para os adestramentos marcaron tamén a pretemporada. No club están á espera de porder incorporar a algúns dos xogadoes lesionados e tamén algún reforzo procedente do Cisne, club pontevedrés co que teñen asinado un convenio de colaboración. Muiños confía en que o traballo de todos sirva para manter a categoría.

A SAR, que agora é 14º, viaxa esta fin de semana a terras canarias para medirse ao Tejina La Laguna, pechacancelas do grupo, que aínda non conseguiu sumar ningún punto. Un desprazamento longo e complicado en tempos de Covid, para o que o club leva a 13 xogadores.

Muiños destaca a gran labor que está a facer a directiva, cun esforzo exta este ano para adaptarse aos protocolos Covid, e tamén o traballo dos xogadores, polo que confía en poder darlles a todos a satisfacción da permanencia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará