Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As librarías celebran o seu día en medio da incerteza e con confianza no consumidor local

libros

Un sector, o da venda de libros, que non se libra das consecuencias dunha crise sanitaria que tamén lles levou a pechar as súas portas no período máis duro da pandemia. Con todo, dende a librería La Imprenta salientan e agradecen o apoio das veciños que optaron por realizar as súas compras no comercio local e que supuxo un revulsivo nun ano moi complicado para as vendas. Sen grandes celebracións na xornada de hoxe si ofrecen un 10% de desconto nos seus libros.

Dosi Pérez dende La Impreta fálanos da situacións de incerteza que viven estes negocios

Unha rebaixa que é o máximo que lles autoriza a lei e que aplican en días especiais como o Día do Libro, das Letras galegas ou no Día das Librerías. Con todo, son descontos que non animan as vendas “os clientes non se moven por este tipo de ofertas, as compras veñen máis por publicacións de novidades ou por outros tipo de necesidades”.

En canto ás perdas deste ano confían en que a resposta dos clientes que apostan por mercar no comercio local se manteña de cara ás próximas compras de Nadal “notamos un gran apoio dos veciños, que optaron por quedar en Redondela e consumir no comercio local, algo que agradecemos moito despois do confinamento e que confiemos continúe tamén nos vindeiros meses”.

Descontos do 10% para celebrar o Día das Librerías

E nunhas xornadas nas que tanto se está a falar sobre a plataforma Todostuslibros, un espazo que nace para competir co xigante Amazon e no que os lectores poderán mercar os seus libros, entende Dosi Pérez que a batalla contra a compañía estadounidense hai que dála con outras armas: apostar pola proximidade e a atención personalizada a cada cliente “a venta online xa a ofertarmos dende hai tempo, levando aos domicilios os encargos e pedidos, pero nós debemos diferenciarnos cunha atención que os lectores non van atopar en Amazon”.  

Diferenciarse pola atención personalizada
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará