Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior instala tres colectores de recollida de roupa usada

contenendores souto

Recoller a roupa usada dos veciños para que se lle poida dar unha segunda vida que sirva de axuda aos máis necesitados. Este é o obxectivo do convenio de colaboración asinado entre o Concello de Soutomaior e Caritas que se materializou coa instalación de tres colectores para a súa recollida en varios puntos do municipio.

A zona de instalación dos novos colectores decidiuse en función da poboación para facilitar ao máximo o depósito por parte dos veciños. Evitando que teñan que utilizar vehículos ou desprazarse cargando cos seus donativos. Desta maneira, instaláronse dous colectores en Arcade, na zona do Peirao e na rúa José Solla (diante da praza de abastos), e outro Soutomaior, na rúa Alexandre Bóveda. Neles os veciños poderán depositar roupa, calzado, bolsos e produtos téxtiles de diferentes usos, como mantas e sabas.

O alcalde Agustín Reguera, explicou que será Cáritas a que se encargará da recollida dos aveños doados e que en función do éxito da iniciativa poderase ampliar o número de puntos de recollida.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará