Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cara e cruz para os equipos do CD Choco

CaraCruz

O equipo de Terceira División acadou a vitoria no campo do Ourense CF, nun partido que se decidiu no último minuto. Mentres o xuvenil non puido estrearse como quixera na máxima categoría do fútbol estatal, e perdeu pola mínima ante o Val Miñor en Santa Mariña.

Terceira División

Ourense CF 0-1 Choco

Un gol de Comís no minuto 94 valeulle 3 puntos ao Choco, que se fixo coa vitoria no campo do Couto, mentres o Ourense CF que segue no pozo, son o pechacancelas do grupo e aínda non estrearon o a marcador de puntos. Os de “Gonza” sairon con ambición, sobre todo nos primeiros minutos. Tivo varias ocasións pero faltou o acerto. Os dous equipos tentaron adiantarse no marcador pero chegaron ao descanso sen anotar. Tras o descanso os locais tiveron unha ocasión clara que estrelou no pau Andoni. Mediado o segundo tempo Cortegoso sacou un balón que cabeceara Wadir. Canso semellaba que os dous equipos daban por bo o empate, un erro dos locais no minuto 94 permitiu unha contra vertixinosa para o Choco que acabou con Comís anotando o 0-1 que sería xa definitivo. Con 7 puntos despois de catro partidos, os de “Gonza” colócanse no 4º posto da táboa, e mantense na pelexa. Na próxima xornada o Choco repite como visitante, será no campo da Lomba, en Vilagarcía, ante o Arousa, que é líder logo de gañar onte no campo do Barco.

División de Honra Xuvenil

Choco 0-1 Val Miñor

O xuvenil do Choco non puido celebrar o seu primeiro partido na máxima categoría do fútbol estatal cun resultado positivo. Perderon pola mínima ante o Val Miñor no derbi provincial disputado o sábado en Santa Mariña. O partido comezaba cos dous equipos querendo facerse co control do centro do campo, pero sen crear demasiado perigo ante a portaría contraria. Os dous equipos se amosaron moi prudentes. A primeira chegada con certo perigo non puido verse ata pasada a media hora de xogo, cun lanzamento de lonxe por parte dos visitantes, que detivo sen problemas o porteiro redondelán. Logo o Choco tivo tamén unha ocasión antes do descanso. Pero o marcador non se movería ata o segundo tempo, cando Martín aproveitou un saque de esquina para marcar o tanto, que ao final sería o único do partido. O Val Miñor, xun xogador menos pola expulsión de Rubén, xogou a defender o resultado. O Choco dispuxo entón de claras ocasións por medio de Edi e Hugo Fariña, pero faltou o acerto. Na próxima xornada o equipo redondelán terá unha difícil saída, xoga na Madroa o domingo ante o Celta, ás 12.00 horas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará