Hoxe é Mércores 8 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP denuncia os atrasos nas axudas de Servizos Sociais

pleno

Entre as axudas que sofren importantes atrasos na súa concesión apuntan como especialmente preocupante as solicitadas polas familias para o comedor escolar. Aseguran que 40 días despois de ter rematado o prazo para a súa solicitude aínda non foron adxudicadas e ningunha das persoas que optaron ás mesmas está á percibila actualmente.

En moitos casos, a asistencia a estes comedores supón a única comida completa que realiza en todo o día un neno, polo cal o trámite e resolución das solicitudes debería de ser prioritario, unha urxencia que é maior na situación actual, declarou Sandra Bastos responsable do control da área social do grupo municipal Popular.

Un debate que chegaba ao pleno en forma de rogo

A actuación da Concellería de Servizos Sociais, que foi asumida persoalmente pola Alcaldesa desde que retirou a delegación á anterior concelleira, Marta Alonso, continúa di “deixando un balance moi negativo”. Neste sentido apuntan que non se asignaron de 2.600 horas gratuítas do Servizo de Axuda non Fogar, máis de dous terzos do total de 3.909 horas que a Xunta de Galicia puxo a disposición do concello; igualmente, resulta preocupante que se executaron unicamente 4.000 dos 80.000 euros dos que dispuña para facer fronte a necesidades sociais -apenas un 5% do total-; tampouco chegaron as axudas ás decenas de familias ás que se comprometeu a atender xa en maio e é a responsable directa do atraso de até 2 meses e medio na tramitación das solicitudes de Renda de Inserción Social de Galicia (RISGA) e de máis de 3 meses e medio nas Axudas de Inclusión Social (AIS).

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará