Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Empeora o número de casos confirmados por Coronavirus nos centros educativos de Redondela e Soutomaior

DATOS XUNTA

En Soutomaior o número de casos activos, sempre segundo os datos oficiais da Consellería de Educación, a data 3 de novembro serían 17, con sete casos no Colexio Manuel Padín Truiteiro, 4 no Santiago Apóstol e no Instituto e 2 na Escola infantil de Romaríz. Tamén aumentan os positivos contabilizados en Redondela con dous casos no colexio de Reboreda, no Instituto Mendiño e no de Chapela. Hai contabilizado un positivo no Alexandre Bóveda, outro no instituto Illa de San Simón e outro no Pedro Floriani. Sumando os dous detectados no Colexio Vigo serían un total de 11 casos activos.

Uns datos que segundo moitos pais e nais non se axustan á realidade xa que “serían moitos máis os positivos ou pendentes de confirmacións, con peche de aulas en varios centros”. Malia todos a información oficial que fai pública a Xunta afirma que a data de onte non habería ningunha clase confinada nos centros nin de Redondela nin de Soutomaior.

En calquera caso unha incidencia pouco significativa para unha comunidade educativa moi elevada que en Redondela suma máis de tres mil alumnos entre os catros institutos e os centros de infantil e primaria.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará