Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Horta Ecolóxica de Soutomaior, unha alternativa de ocio en tempos de pandemia

horta

Ata o doce de novembro está aberto o prazo para cubrir as vacantes desta horta urbana que ofrece a posibilidade de adquirir coñecementos na produción ecolóxica e cultivar hortalizas para o autoconsumo. Os únicos requisitos, ser maior de idade, estar empadroado en Soutomaior e comprometerse co cultivo da parcela e os normas básicas durante un ano.

Produtos de tempada e proximidade en produción ecolóxica, son o froito que cada ano recollen os participantes neste proxecto. Dezaseis persoas e as súas familias que teñen doce meses para mergullarse na agricultura ecolóxica dende a preparación da terra até a recolección de tomates, leitugas, pementos ou cebolas. Os participantes realizan un curso de coñecementos básicos no que se lles instrúe sobre a terra, o compós, a produción biodinámica, a sementeira, as sementes e como controlar pragas sen fitosanitarios. Uns piares que lles servirán para pór en práctica na súa parcela e cultivar os seus propios produtos, guiados por unha delegada de horta que se encarga de resolver dúbidas e acompañalos en todo o proceso.

Coñecemos que se adquiren. Sonia Pintos, responsable OMIX Soutomaior

Unha actividade, que como recoñece Sonia Pintos, a responsable da OMIX de Soutomaior vai moito máis alá de plantar tomates ou cebolas xa que se trata de vincular ás persoas novamente á natureza e á terra, a unha alimentación saudable e apostando pola recuperación das variedades locais que están a desaparecer.

Funcionamento da horta ecolóxica

A Escola de Horta Urbana é unha das poucas actividades que se libran das restricións e as cancelacións que se están a dar por mor da pandemia, xa que é individual e ao aire libre. Ata o doce de novembro está aberto o prazo para cubrir as vacantes que oferta a Concellería de Educación. A inscrición débese facerse na web www.gabinetesoutomaior.com

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará