Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Centos de veciños chaman á Policía Local para resolver dúbidas sobre o peche perimetral de Vigo

poli

Durante esta fin de semana as oficinas da Policía Local de Redondela recibiron máis de 300 chamadas logo das medidas establecidas pola Xunta o pasado venres e que decretaban o peche perimetral na cidade de Vigo así como en Pontevedra, restrinxindo as entradas e saídas de ambas cidades. O posible levantamento da medida, aínda por concretarse, mantén as dúbidas dos veciños que hoxe preguntan principalmente sobre a posibilidade de achegarse a Vigo libremente, algo que están pendente do que decida o Comité Clínico que se reúne hoxe mesmo.

Mías de 300 chamadas son as que contabilizaron os axente da Policía Local durante esta fin de semana, da cales un 70% foron por consultas e para resolver dúbidas sobre as medidas aprobadas pola Xunta o pasado venres e sobre o que podían facer ou non co peche perimetral da cidade de Vigo. Unha dúbidas que continúan hoxe, xa que malia a posibilidade de que a medida se levante se así o decide o Comité Clínico do goberno galego, polo de agora segue en vigor a restrición de saír ou entrar na cidade veciña agás os que teñen que facelo pro cuestións laborais, médicas ou para acudir aos seus centros de estudo.

O resto das chamadas foron por cuestións relacionadas con temas de seguridade cidadá (20%) e pro requerimentos de tráfico (10%).

Durante estes días a policía está tamén a colaborar no controis conxuntos cos axentes da Policía Nacional controlándose máis de 200 vehículos sen “incidencias significativas” agás tres denuncias por delitos contra a seguridade viaria por condutores que circulaban superando a taxa de alcól ao volante.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará