Hoxe é Xoves 9 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Prenden lume aos baños públicos da área recreativa de Aranza

lumesouto

Un incendio destruíu a pasada noite os servizos públicos instalados na área recreativa de Aranza. A caseta de madeira que aloxa estes baños quedou completamente inservible. Uns danos que o Concello de Soutomaior calcula en máis de 5000 euros. Todo apunta a un incendio provocado polo que a policía local solicita a colaboración cidadá para identificar aos culpables.

Os feitos teríanse producido pasada a unha da madrugada do xoves cando se reciben varios aviso na central de Emerxencias do 112 e de varios veciños da zona polo lume procedente desta instalacións en Aranza. Até o lugar desprazouse o retén de garda de Protección Civil de Soutomaior, comprobando que  a subministración eléctrica estaba desconectado, o que descarta que o incendio fora provocado por un cortocircuito.

Tras os primeiros traballos de extinción os efectivos de Protección Civil observan que, a pesar de que o lume parece extinguido, o interior dos paneis de madeira está recuberto por un illante térmico-acústico altamente inflamable, polo que deciden esperar á chegada do operativo dos bombeiros do Morrazo para que extingan o incendio cunha espuma especial que evita a entrada de osíxeno e garante que a combustión se deteña. O lume deuse por extinguido ás 04:00 da madrugada.

O alcalde, Agustín Reguera, lamentou estes actos vandálicos e indicou que o Concello xa cursou a pertinente denuncia antes a Garda Civil ademais de solicitar a participación do grupo especial de incendios deste corpo para o esclarecemento dos feitos. Unha tarefa na que tamén traballa a Policía Local de Soutomaior buscando testemuños dos veciños da zona.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará