Hoxe é Domingo 6 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP acusa ao goberno de gastar 80.000€ en privatizar servizos que realizaban os funcionarios

carmen

Os populares aseguran que o Goberno local destinou nos últimos meses 77.163€ na contratación de empresas externas para a realización de estudos ou confección de plegos laborais que nos dous mandatos anteriores realizaban directamente os funcionarios municipais ao que hai que engadir a limpeza de marquesiñas nas paradas dos autobuses, que  realizou sempre persoal municipal e que agora efectúa unha empresa privada.

O PP asegura que o goberno destinou máis de 77.000 euros na contratación de empresas  externas entre os que atopariamos os 38.000€ investidos para a asistencia técnica integral sobre o subministro de abastecemento e saneamento de auga ou os 17.125 por outra asistencia, referente á Axuda no Fogar e 22.038 para a redacción do Plan de Mobilidade Sostible.

Unhas contratacións que supoñen un maior custe para o Concello xa que antes “estes traballos facíanos os propios funcionarios”.

Estas “externalizacións”, afirma a portavoz dos populares, Carmen Amoedo, “contradín completamente a postura que sempre defendeu a Agrupación de Electores de Redondela (AER), cuxos representantes pediron incontables veces a remunicipalización do Servizo de Xestión Tributaria do Concello ou máis recentemente que se devolvese á xestións municipal o subministro da auga. Amoedo critica a Aer que agora “non só apoie que se contraten empresas externas para a realización de proxectos que poden elaborar de xeito máis competente os traballadores municipais, tamén está de acordo coa privatización doutros servizos”, facendo referencia ao mantemento e limpeza de masquesiñas nas paradas de autobuses que realizou sempre persoas municipal e agora efectúa unha empresa privada.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará