Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os veciños reclaman “máis vixilancia” para o futuro espazo de lecer na contorna de Regojo

regojo
Os veciños advirten que de pouco servirá acondicionar a zona se despois non hai vixilancia

O proxecto do Concello para acondicionar a antiga parcela da fábrica téxtil foi ben acollido polos veciños. Con todo, advirten que é necesario “incrementar a vixilancia e o control na zona” frecuentada agora “por grupos de mozos que fan botellón e deixan todo cheo de lixo”.

Veciños como Carman aplauden a obra, malia que dubida que poida estar rematada a tempo
Abel sinala que se trata dunha actuación moi necesaria neta zona, onde viven moitas familias

O alumnado dos obradoiros de emprego “Redondela Vilabela III” de xardinería e cantería encargarase de facer “un espazo de lecer integrado na antiga parcela da fábrica de Regojo”, segundo explica o Concello de Redondela. Colocaramse elementos elaborados en pedra que lembran a pasado industrial da vila, e zonas axardinadas. Os veciños coinciden en que é “unha boa nova” para a contorna, que precisaba dunha zona de esparcemento, como apunta Abel, xa que se trata dun barrio “con moitas familias e nenos pequenos”. No recinto instalaránse paneis informativos sobre a historia desta industria téxtil e a importancia que tivo en Redondela. Segundo o anuncio do Concello, a obra estará lista en dous meses, un prazo que a Carmen lle parece “insuficiente”, malia que aplaude esta iniciativa “moi necesaria” na zona. Pero se hai algo no que todos os veciños coinciden é na necesidade de dotar a esta zona “de maior vixilancia e control por parte da policía”. Advirte Charo que “de pouco vai servir que o arranxen se despois non hai unha vixilancia para manter todo en bo estado”. Esta veciña denuncia que se reúnen na zona moitos grupos de mozos “que non respectan nada”. Os veciños entenden que a mocidade “precisa dun lugar onde reunirse”, pero advirten que deben facelo “respectando os espazos públicos” para o que se precisa “máis control policial”, como demanda Esther. A actuación de axardinado e zona de esculturas farase nun espazo duns 3.000 metros cadrados en torno a cheminea da antiga fábrica, que se dotará de alumeado.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará