Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Policía Local intervén nun local de ocio nocturno en Cabeiro

poli accidente

O establecemento xa ten varias denuncias por incumprir o horario de apertura que marca a medianoite como hora límite para atender aos clientes. Nesta ocasión o bar atopábase aberto as dúas da madrugada e con clientes dentro, sendo un deles sancionados por tenza de substancias estupefacientes. Tamén na fin de semana e mentres auxiliaban aos feridos nun accidente de tráfico procederon á detención dun varón que circulaba sen carné, sen seguro e sen ITV pola N-550. Este condutor deu ademais positivo na proba de alcoholemia.

Movida fin de semana para os axentes da Policía Local de Redondela que tiveron que intervir en varios sucesos. Así, mentres auxiliaban as persoas que resultaron feridas de carácter leve nun accidente frontal que se producía na intersección da Subida a Estacións coa N-550, deron o alto a un vehículo que circulaba sen luces. O condutor nun primeiro momento fixo caso omiso ás indicacións dos axentes quen, unha vez detido, comprobaron que carecía de carné de conducir e que o vehículo que conducía non tiña nin seguro nin pasara a ITV. Ademais conducía sen usar o cinto e deu un resultado positivo na proba de alcoholemia, tramitándose as correspondentes dilixencias ao xulgado de garda.

O copiloto foi tamén denunciado por tenza de substancias estupefacientes, portar arma branca e un bastón de considerable dimensións.

Un feito que se producía na madrugada do domingo, noite na que os axentes interviron tamén nun local de ocio da parroquia de Cabeiro que se atopaba aberto preto das dúas da madrugada.

Durante a identificación das persoas e clientes que se atopaban no interior, procecedeuse a sancionar a un veciño de Redondela a quen se lle localizaron sustancias estupefacientes.

O local é reincidente, sendo xa varias veces ás que foi intervido por superar o horario límite de peche establecido na medianoite.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará