Hoxe é Luns 14 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Sen cambios nos festivos locais: o Luns do Cristo (12 de Abril) e Xoves da Coca (3 de Xuño)

coca

O debate sobre os festivos locais dos que gozarán os redondeláns no vindeiro ano non deparou sorpresas e, tal e como se prevía, resultaron elixidas as dúas datas habituais do Luns do Cristo e o Xoves da Coca ao contar co apoio de PP e PSOE. Un debate que se centrou na consulta popular convocada por Participación Cidadá ao respecto e que foi mo criticada tanto polo PP, quen chegou a cualificala de “chapuza”, como polo BNG quen entenden que se empregou unha “fórmula deturpada” e que non chegou á cidadanía.

Xoán Carlos González, BNG
Susana Couñago, AER
María Castro, PSOE
Carmen Amoedo, PP

A Concelleira de Participación Cidadá e voceira de AER, Susana Couñago defendeu a consulta popular que malia non contar cunha participación moi elevada serviu para poñer en marcha un xeito de participación que busca coñecer a opinión da cidadanía e nunca se fixera en Redondela anteriormente. Entende que o feito de ser a primeira enquisa popular e terse levado a cabo en tempos de pandemia xustifican a escasa participación que, con todo, deixa un resultado que “reforza a proposta de PSOE e PP” polo que decidiron absterse na votación “sempre votamos en contra do Luns do Cristo pero por respecto ao resultado da enquisa decidimos absternos”.

Abstención tamén dos nacionalistas quen criticaron o xeito de levar a cabo a enquisa “porque se vinculou co tema da peonalización e foi un fracaso como o amosa a pouca participación”. Engadía o edil Xoán Carlos González que o resultado “soluciónalle un marrón ao PSOE que poden agarrarse a esa enquisa para seguir votando polo Luns do Cristo”.

Máis críticos foron dende o PP quen chegaron a cualificar a consulta de chapuza por non favorecer unha maior participación convocando os consellos parroquiais ou promovendo a votación.

O PSOE anunciou que traballarán para que de cara ao futuro as enquisas que se realicen teñan unha maior participación “porque a este goberno gústalle que a xente opine”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará