Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Goberno local reforza as medidas de seguridade nas entradas e saídas dos centros escolares

medidas

As decisións adoptadas póñense en marcha logo de ser consultadas e consensuadas polo Concellería de Educación coas ANPAS e equipos directivos cos colexios e institutos. Entre as medidas adoptadas figura o establecemento dunha “zona de espera” para o alumnado do IES Illa de San Simón na contorna da marisma, a restrición do acceso dos vehículos particulares ou o establecementos de direccións únicas para evitar atascos.

As medidas adoptadas, explica a concelleira de Ensino, Olga García Ballesteros, “son de aplicación no exterior dos recintos escolares que é onde ten competencias o Concello e non así no interior dos mesmos onde os equipos directivos puxeron en marcha directrices de cara a garantir a seguridade dos seus alumnos e alumnas”.

Entre as medidas adoptadas figura o establecemento dunha “zona de espera” para o alumnado do IES Illa de San Simón na contorna da marisma. Dita zona evitará as aglomeracións tanto na entrada coma na saída ao dispoñer, rapaces e rapazas, de máis espazo que lles facilite manter a distancia de seguridade.

No IES Mendiño restrínxese o acceso de vehículos particulares ao centro, debendo estes desviarse pola rúa que sube ata o centro de saúde. Ao igual que no caso anterior, a eliminación do paso de vehículos habilita amplas zonas para poder manter espazo entre o alumnado.

No CEIP Reboreda, establécese dirección única na contorna do colexio con subida polo Camiño de Carambola e baixada polo camiño Colexio de Reboreda.

No CEP Laredo anúlanse as tres primeiras prazas de estacionamento na entrada traseira do colexio, para gañar espazo para o alumnado é as familias tanto á hora de entrada como de saída.

Finalmente, no CEIP Porto Cabeiro, instálanse redutores de velocidade e paneis informativos de “Zona Escolar” nos lugares onde non existían. Ámbolos dous elementos contribúen a unha maior seguridade á hora de acceso ao centro.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, lembrou que todas as medidas, que serán efectivas a partir do vindeiro luns, terán vixencia “só durante os horarios de entrada e saída dos centros escolares, volvendo á normalidade unha vez pasadas esas horas”.

A maiores destas medidas puntuais ás horas de entrada e saída, o Concello de Redondela, a través do SEIS (Servizo de Emerxencias, Incendios e Seguridade) realiza desinfeccións durante varios días á semana nos exteriores das zonas escolares o que supón un reforzamento das anteditas medidas de seguridade. Estas labores de desinfección engádense ás que, tamén varias veces á semanas, desenvólvense nas rúas e parques para maior seguridade da cidadanía.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará