Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Sociedade Cultural do Viso retoma os cursos de música tradicional

RR_Noticias

Logo do parón de actividades obrigados pola Covid-19, o centro cultural do Viso retoma os seus cursos de música e canto tradicional na Antiga Escola de Tuimil. As clases de gaita, percusión, pandeireta e canto comezarán o próximo mes de setembro, a inscrición está xa aberta.

Comezará no mes de setembro co curso de gaita tradicional e percusión impartido por Manuel Cruces, gaiteiro do grupo Tanto Nos Ten, os venres ás 18.30 horas. Os martes pola tarde retomarase o curso pandeireta e canto tradicional, impartido por Luis Prego, músico do grupo Ardentía, a partir das 18.30 horas. Pandeireta e canto comezará xa o vindeiro martes 1 de setembro mentres que gaita e percusión iniciará a súa andaina o venres 4 de setembro. Para recibir máis información destes cursos, os interesados pódense dirixir ao correo electrónico acsmviso@gmail.com ou aos teléfonos 627.938.607 (gaita e percusión) ou 664.857.687 (pandeireta e canto) .

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará