Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As ANPAS de Redondela plantan os servizos: nin comedores nin actividades extraescolares

RR_Noticias

As Asociacións de Nais e Pais de Alumnos de todos os centros de ensino de Redondela acordaron non ofrecer para o este curso 2020-21 ningunha das actividades que viñan organizando desde hai anos. Un total de catorce centros de Educación Infantil, Primaria e Secundaria asinaron un documento conxunto no que renuncian a facer calquera actividade presencial ata que a Xunta de Galicia atenda ás súas demandas sobre o protocolo Anticovid.

O plante de actividades inclúe servizos tan necesarios para a conciliación das familias como o comedor escolar e as aulas matinais, así como todas as actividades extraescolares. Mayte Juiz, da directivas da ANPAS do CEP Santia Mariña, explica que estas asociacións non poden facerse responsables deste servizos na actual situación de pandemia pola Covid-19, “cando son prestacións que debería organizar a propia Consellería”. Lamentan ter que tomar esta decisión “polos prexuizos que pode causar ás familias beneficiarias das actividades”, pero a “vulnerabilidade xurídica” na que os coloca a Xunta de Galicia é “inasumible” por parte das ANPAS. Demandan que a Consellería de Educación estude vías de organización e xestión pública das actividades extraescolares e servizos complementarios “que liberen ás ANPAS dunha responsabilidade que non lles compete”. O que as Anpas lle esixen á Xunta, entre outras medidas, é un protocolo sanitario “concreto” para cada actividade, coa distribución dos espazos axeitados, que debe ser validado por un inspector sanitario ou persoal equivalente, e que sexa “específico para cada un dos centros de educación” Nas aulas matinais debe establecer entradas e saídas, grupos de convivencia, material de desinfección, etc., igual que no caso dos comedores, co monitorado necesario para cumprir o protocolo, e tamén especificar actividades que se poden realizar nas extraescolares. Denuncian “falta de previsión e de medios” por parte do goberno galego. Se ben recoñecen que no mes de marzo os centros de ensino se pecharon “de xeito precipitado” pola pandemia, entenden que desde fin de curso “houbo tempo para que planificaran os diferentes escenarios posibles de cara ao novo curso”. Os representantes dos pais e nais dos centros EEI A Marisma, EEI de San Pedro, EEI Ventosela, CEP Santa Mariña, CEIP de Quintela, CEIP Outeiro das Penas, CEIP Igrexa, CEIP Alexandre Bóveda, CEIP de Cedeira, CEIP Porto Cabeiro, CEIP de Reboreda, IES Mendiño, IES de Chapela e IES Illa de San Simón esixen que a Xunta forneza ás ANPAS cos recursos necesarios de tipo material para realizar as actividades, cumprindo co protocolo específico e os recursos humanos necesarios para cubrir as quendas e atender ao alumnado NEAE. Con esta reclamación, as ANPAS de Redondela súmanse ás federacións de ANPAS como FANPA, FOANPAS ou A Gameliña que xa mostraron publicamente a súa preocupación pola situación actual e a falta de implicación da Consellería de Educación.
Charla informativa da FANPA
O mércores, día 26, a FANPA (Federación de ANPAS de centros públicos da provincia de Pontevedra) celebra unha charla coloquio no Multiúsos da Xunqueira. Está dirixida ás directivas das ANPAS e tamén a todas as familias que desexen participar. Será ás 19.00 horas, con aforo limitado.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará