Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cesantes vence na casa do campión

RR_Noticias

O C.C.D. Cesantes fíxose onte coa Bandeira Concello da Pobra na xornada de clausura da Liga Galega de Remo. Viviuse unha regata moi interesante entre os dous primeiros clasificados, A Pobra, vencedor xa matemático da LGB, e Cesantes. Os redondeláns gañaron de xeite contundente, xa que se o sábado sacaro só 29 centésimas aos anfitrións, onte impuxéronse de maneira rotunda con 13 segundos de vantaxe.

 
 
As tres competicións da liga Galega de Traiñeiras puxeron o peche onte no campo de regatas da Pobra. A liga B tivo un fin de temporada moi interesante entre os dous primeiros clasificados. A bancada de Pobra chegaba a esta última cita xa co título asegurado, pero coa intención de despedirse da liga cunha vitoria na casa ante os seus seguidores. Pero os anfitrións topáronse cun forte rival, o C.C.D. Cesantes, que deu a batalla en todo momento co obxcectivo de facerse cunha bandeira máis. A vitoria dos redondeláns foi contundente, xa que se ben o sábado se impuxo ao seu rival por tan só 29 centésimas, onte non deu opción aos anfitrións e cunha gran regata deixou aos campións a trece segundos de distancia. Vitoria pois de Cesantes, merecido gañador da XV Bandeira Concello da Pobra. Mentres Pobra recollía a Bandeira da Xunta como Campión da división B da liga Galega de Traiñeiras 2020. O equipo da Pobra estará na liga A mentres Cesantes pelexará por un posto a próxima fin de semana no play-off de ascenso.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará