Hoxe é Mércores 6 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido un home en Soutomaior polo asasinato da súa irmá e a súa sobriña no monte O Coello

RR_Noticias

Miguel Gil, un home de 52 anos, foi detido onte venres como presunto autor dos homicidios da súa irmá e a filla desta en Soutomaior, e está previsto que pase o luns a disposición xudicial. O suceso tivo lugar na tarde de onte e ao parecer foi un veciño o que deu a voz de alarma.

Dúas mulleres foron asasinadas onte en Soutomaior cun arma de fogo. O detido como suposto autor dos crimes é irmán e tío das vítimas. Sobre as tres da tarde un veciño deu o aviso. Cando a Policía Local chegou ao lugar, nunha zona apartada no monte O Coello, atopou a Miguel Gil Rodríguez diante dun galpón da súa propiedade. Alí estaban os corpos sen vida de Genoveva Gil, de 62 anos e da súa filla, Noelia Ramos, e o presunto asasino fou arrestado. A Garda Civil acordoou a zona. Segundo explicaron familiares e amigos das vítimas, Genoveva, que vivía en Vigo, fora ao lugar en compañía da súa filla para darlle de comer a uns cans que tiña nunha leira. Apuntan que puideron discutir por unha escaleira, propiedade da muller, motivo polo que Miguel lles tería disparado. Familiares e amigos que se achegaron ao lugar ao saber o acontecido, recoñeceron que “non se levaban ben”, pero que “ninguén podía imaxinar isto”. A falta do que conclúa a autopsia, as dúas mulleres morreron por feridas de arma de fogo realizadas cunha pistola. O detido foi trasladado a un centro médico porque tiña cortes nas mans.Loito oficial
O Concello de Soutomaior decretou dous días de loito oficial polo dobre homicidio. Así o confirmou, o alcalde, Agustín Reguera, que sinalou que, ademais do loito, suspéndense todas as actividades municipais previstas esta fin de semana. O rexedor constatou a gran «consternación» que se vive no pobo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará