Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A música non para: Redondela acolle seis concertos esta fin de semana

RR_Noticias

A programación cultural en Redondela non se detén, e celébrase con todas as medidas de seguridade e o distanciamento que marca a normativa pola crise sanitaria da Covid-19. Entre o venres e o domingo a música será a protagonista con diferentes concertos na vila, en Chapela, o Carballo das Cen Pólas e Cesantes. Caramuxo Vermello, Pacíficos Errantes, Pakolas, a orquestra de Saxos, A Roda e Alberto Vilas subirán aos diferentes escenarios.

A noite do venres arranca a programación con teatro e música a cargo de Caramuxo Vermello e o seu espectáculo “Caramushow”, que comezará ás 22.00 horas na Alameda de Castelao. O sábado, día 22, dentro do programa Vermús Culturais, será o grupo Pacíficos Errantes os que ofrecerán un concerto moi especial, con dúo de ukelele e guitarra, ás 12.30 horas na praza de Santiago Apóstolo. O prato forte do sábado será o concerto do grupo de música tradicional A Roda, que actuará no campo de San Pedro de Cesantes, coa Orquestra de Saxos de Redondela como grupo convidado. Como en todas as actuacións, o aforo será limitado, e o recinto abrirase ás 19.00 horas. O concerto da Orquestra de Saxos comezará ás 20.30 e o de A Roda ás 22.00 horas.
O domingo, día 23, arrancará con programación para público infantil e familiar da man de Pakolas, cun concerto programado para as 12.00 horas na Alameda Castelao. Tamén haberá actuación en Chapela, na Alameda Rosalía de Castro, co grupo folclórico o Carballo das Cen Pólas. O espectáculo contará coa cantante Sheyla Patricia, e comezará ás 21.00 horas. As citas da fin de semana péchaas Alberto Vilas. O músico e compositor presentará o seu novo CD, “Naialma” cun concerto moi especial na finca do Carballo das Cen Pólas, en Reboreda. A vindeira semana, o venres 28 de agosto, actuará no Museo Meirande.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará