Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os veciños de Vilar maniféstanse fronte ao concello para esixir beirarrúas

RR_Noticias

As protestas dos veciños de Vilar de Infesta chegaban hoxe á praza do Concello con bucinas, cazos e pancartas baixo o lema “Carreiro non, beirarrúas si”, “Queremos que se cumpra o primeiro proxecto” “Os veciños fomos enganados”. Pediron á alcaldesa, Digna Rivas, que escoite as súas reivindicacións que xa os levaron a facer varios actos reivindicativos nos pasados meses cos que queren amosar o seu rexeitamento á senda peonil e á falta de beirarrúas da última fase de reforma da estrada do Galleiro.

Din que “están fartos de agardar e queren que se execute o proxecto inicial” que contemplaba a construción de beirarrúas en ambas as dúas marxes da estrada e non só por unha como o proxecto actual. Lembran que só resta por reformar un pequeno anaco de 600 metros desa Estrada do Galleiro, a vía provincial que une Os Valos e Guizán, unha zona “moi transitada na que xa se produciron varios atropelos mortais”. Preocupación tamén entre as nais e pais que ven cada día como os rapaces teñen que camiñar pola calzada para poder coller o autobús escolar.
O medio cento de manifestantes que se concentraban ás portas do concello este xoves esixen que se cumpra o primeiro proxecto aprobado na pasa lexislatura. A concelleira de Urbanismo, María Castro, xunto aos edís de Cultura, Daniel Boullosa e o responsable de Medio Ambiente, Roberto Villar, baixaban a falar cos manifestantes para convidalos a coñecer de primeira man o proxecto e os detalles que recolle a última fase de construción. A presidente da Asociación e dous veciños máis accedía ao convite. Unha protesta que contou co apoio de varios membros do PP entre eles o ex-alcalde Javier Bas e a portavoz do grupo Mª Carmen Amoedo así como de representantes de Podemos Redondela.
Este non é o primeiro acto reivindicativo que fan os veciños de Infesta, xa o fixeron na propia estrada do Galleiro e no pleno municipal. Así queren amosar o seu rexeitamento á ultima fase do proxecto de reforma desta vía, aprobado pola Deputación de Pontevedra, e que contempla na derradeira fase, que afecta aos últimos seiscentos metros, unha senda para peóns e ciclistas de 2,5 metros de ancho nun dos laterais, ademais dunha beiravía de seguridade, pasos de peóns elevados e pasos elevados para reducir a velocidade de circulación do tráfico, unha actuación que a asociación considera unha “chapuza”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará