Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Convocan unha protesta en Cesantes contra as “comisións abusivas” de Abanca

RR_Noticias

Os veciños da parroquia afectados polas comisións que Abanca comezou cobrar aos clientes que non cumpran unhas determinadas condicións decidiron saír a rúa. Así, este venres ás 12:00 horas teñen previsto concentrarse ante a oficina de Cesantes e animan aos participantes a “levar unha tarteira, tixola ou cazo para facer o máximo ruído posible e seren escoitados”.

Aumentan as mobilizacións ante as comisións que Abanca está a cobrar a parte dos seus clientes e que castigan fundamentalmente a aqueles que menos produtos teñen contratados ou que teñen menor saldo na súa conta. Os afectados están a organizarse a os movementos de protesta continúan con convocatorias en diferentes localidades. No caso de Redondela os primeiros en saír a rúa serán os veciños de Cesantes que convocan unha concentración sonora este venres ás doce do mediodía diante da sucursal da parroquia. Unha mobilización que busca lograr que Abanca retire esta comisións e devolva os cartos xa cobrados aos afectados.
Nalgúns concellos tamén a nivel da administración están dando pasos para esixir á entidade que anule estes cobros.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará