Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Campo da Feira recupera a zona azul gratuíta para favorecer a rotación de vehículos

RR_Noticias

O Concello adoptará medidas reguladoras do estacionamento nas inmediacións da praza de abastos. Esta medida, que comezará a aplicarse na vindeira semana, permitirá dispoñer de preto de 40 prazas con estacionamento limitado a 1 hora, “tempo suficiente para facer as compras”, permitindo a rotación de vehículos e contribuíndo á dinamización da praza de abastos.  Só afectará a primeira liña do aparcadoiro e terá un horario de 8 a 15:00 horas.

O Concello de Redondela, dentro das medidas encamiñadas a dinamizar o Mercado de Abastos e que sexa motor da reactivación comercial da vila tralo COVID-19, regulará parcialmente o estacionamento no Campo da Feira, situado fronte ao Mercado de Abastos.
A medida afectará a primeira liña do aparcadoiro, paralela ao río, que será sinalizada e permitirá habilitar preto de 40 prazas que terán limitado o estacionamento a 1 hora “tempo máis que suficiente para facer as compras no Mercado de Abastos”, sinala a concelleira de Comercio, María Castro.
Con esta regulación do estacionamento, que terá un horario de 8 h a 15 horas permítese a rotación de vehículos e, polo tanto, unha maior facilidade á hora de realizar as compras no Mercado de Abastos.
A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, subliñou a importancia da medida “como elemento dinamizador da praza de abastos” que ten que ser un dos eixos da reactivación comercial da vila trala COVID-19″.
Rivas apuntou que a regulación desta primeira liña de estacionamento, “permitirá que, ao longo da mañá, utilicen ese espazo preto de 280 vehículos e que, usuarios e usuarias do Mercado de Abastos poidan realizar as súas compras con maior facilidade ao contar cun estacionamento próximo, accesible e con rotación continua de prazas”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará