Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Denuncian a “notificación chapuceira” da Xunta Electoral

RR_Noticias

Unha veciña de Redondela cualifica de “chapuza” a resolución que lle foi remitida dende a Xunta Electoral de Vigo en resposta a unha alegación presentada ante este organismo. Entre outras eivas salienta o feito de que o escrito estea redactado a bolígrafo “o cal fai que algunhas partes sexan ilexibles” e que incluso estea corrixida con típex a data da notificación. A afectada entende que se trata dunha notificación nula de pleno dereito polo que xa presentou unha nova reclamación.

Esta veciña presentou unha alegación ante a Xunta Electoral da Zona de Vigo tras ser nomeada como vogal o vindeiro domingo nunha das mesas electorais da localidade, alegando “obxección de conciencia”.
A notificación que resolveu a súa reclamación “é unha auténtica chapuza” explica a afectada quen enumera entre outras irregularidades que o documento fora un  modelo no que algunhas partes aparecen escritas a bolígrafo “o cal a fai ilexible”, e que as datas con bolígrafo tamén son moi confusas, aparecendo tachado con típex o ano 2012 escribíndose por riba o ano 2020.
Tampouco se recolle no escrito se a afectada ten dereito ou non a reclamar esa notificación, é dicir se existe ou non algún recurso que poida interpoñer para a defensa dos meus dereitos ante a Administración e o documento está redactado en castelán, “cando a miña alegación foi escrita en galego”.
Ante estes feitos xa presentou a correspondente reclamación.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará