Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Confraría de Arcade tenta recuperarse tras o parón económico que supuxo o Covid

RR_Noticias

O patrón maior Gonzalo Reinoso explica que o maior reto na confraría foi xestionar a captura da anguía que quedou acumulada nas piscinas ao quedar sen o seu principal cliente: Portugal. Chegaron ter unha mortandade moi elevada polo que se viron obrigados a devolver ao mar boa parte do peixe. No marisqueo optaron por cesar na actividade xa que o parón na hostalaría non garantía que o produto tivera comprador. Agora tentan recuperar a normalidade e manter o nivel económico dun pósito que confía en superar esta crise canto antes.

En menos dun ano ao fronte da Confraría de Arcade, Gonzalo Reinoso tivo que xestionar os efectos do coronavirus nesta entidade “foi unha etapa moi dura en todos os aspectos, co marisqueo pechado toda a tempada e problemas para vender o produto que se capturaba, especialmente a anguía”.
Os momentos máis complicados foron co peche de fronteiras, o que eliminou a posibilidade de vender a anguía que nun 85% se exporta a Portugal. Ante esa situación e a elevada mortandade do peixe nunhas piscinas nas que chegaron acumularse ata 200 quilos optaron por devolver as anguías ao mar.
A situación do marisqueo foi diferente, xa que mentres noutros pósitos optaron por seguir traballando en Arcade decretaron o cese da actividade co obxecto de que as mariscadoras puideran acceder aos ERTEs.
Un período complicado que comeza xa a ver a luz “o traballo regresou ao pósito, e malia que non se está a funcionar ao 100% xa se nota unha clara melloría”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará