Hoxe é Martes 16 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O remo volve ao mar en Chapela

RR_Noticias

Despois de tres meses sen poder adestrar por mor da crise da COVID-19, as traiñeiras regresan ao mar. O C.R. Chapela recuperou a pasada semana os adestramentos tanto na traíña feminina como a masculina con estritas medidas de seguridade e co uso obrigado de máscara.

Volven ao traballo despois de terse sometido aos test do coronavirus, como obrigan as autoridades sanitarios, logo de que todos os deportistas do club deran negativo nestas probas. Despois de saír ao mar as sensacións son “moi boas”, segundo explica Julio Prado, o presidente do club. Os equipos retomaron o traballo “con moita ilusión e moi poucas baixas” polo que puideron completar a traíña feminina e a masculina sen problemas. A “nova normalidade” obriga ao clur a seguir unhas estritas medidas de control e seguridade, como explica Prado. Ademais do uso obirgatorio de máscaras para adestrar, os tripulantes deben desinfectar o calzado ao entrar nas instalacións, así como as mans e os remos. Tampouco é posible utilizar os vestiarios, polo que deben ir cambiados da casa. O que máis preocupa é o uso obrigatorio da máscara, xa que se ben polo de agora os adestramentos son “suaves” a medida que avancen os días terán que someterse a un traballo máis intenso, polo que se dificulta a respiración dos deportistas. De cara á competición, que arranca o 18 de xullo, nos clubs ven “inviable” poder participar nas regatas coa máscara. Sinala Prado que mesmo sería “perigoso” para os deportistas ao non poder respirar libremente. Queda menos dun mes para volver á competición, as primeiras citas coa liga, o 18 e 19 de xullo, en Cabo e Chapela. Será unha temporada que prevé “atípica” para todos, polo pouco tempo de preparación. Por iso en Chapela confían en que a igualdade sexa maior que noutras ligas, o que dará “maior espectáculo” no remo galego este ano.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará