Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As piscinas municipais non son para o verán

RR_Noticias

Pazos de Borbén opta por non abrir este verán as piscinas públicas de Moscoso e Nespereira, xa que poderían ser “potenciais focos de contaxio”. O goberno local opta polo peche ante a dificultade para cumprir os protocolos e normas sanitarias nestas instalacións municipais, sinalando que “a seguridade prima por encima dos demais argumentos”.

O Concello de Pazos de Borbén acaba de anunciar, seguindo a argumentación da maioría de municipios da provincia, que non abrirá as súas piscinas públicas este verán. A decisión tómase “por precaución”. O alcalde, Andrés Iglesias sinala que “a seguridade dos veciños primou por encima de todos os demais argumentos” tras realizar un estudo das condicións hixiénico-sanitarias impostas para a reapertura. Segundo Iglesias “para os municipios pequenos, e con pequenas instalacións son imposibles de cumprir”. Do mesmo xeito explicou que “a piscina é un dos servizos municipais máis populares durante o verán, punto de encontro de veciños de todas as idades e visitantes de distintos lugares. Pero nestes momentos son estas bondades as que converten ás piscinas en potenciais focos de contaxio e é algo que non podemos permitir, por encima de todo está a saúde dos veciños”. Advirte o alcalde que cumprindo co distanciamento social e coas demais normas reduciríase tanto o aforamento que habería que establecer limitacións “que farían imposible cumprir o concepto de universalidade ao que debe dar resposta todo servizo público”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará