Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As empresas culturais confían en salvar o ano coa programación do último trimestre

RR_Noticias

Espectáculos que se suspenderon, bolos pospostos, actuacións adiadas… as empresas culturais como EducaTeatro Producións, do redondelán Xandre Vázquez, traballan coa vista posta nos últimos meses do ano. Logo de tres meses de seca comezan a recuperar o contacto cos programadores culturais e as salas de espectáculos co obxectivo de favorecer que o público regrese as salas “con confianza e seguridade” a partir de setembro. Mentres apostan pola realización de espectáculos ao aire libre.

A incerteza no eido cultural continúa porque, malia que coa “nova normalizade” o aforo permitido en auditorios e salas de teatro permite ocupar o 75% das butacas, a situación non parece animar aos posibles espectadores a achegarse a estes espazos. Por ese motivo as empresas culturais traballan coa vista posta principalmente no último trimestre do ano cando a situación estea máis normalizada, os nenos xa vaian ao colexio e, polo tanto, non haxa temor por parte dos pais a un posible contaxio.
É o caso de Xandre Vázquez produtor teatral quen confía en volver a mover os seus espectáculos polos teatros sobre todo a partir de outubro, consciente ademais de que despois de tanto tempo pechados na casa, tanto os nenos como os maiores prefiren aproveitar estes días de primavera e verán para estar na rúa.
Ademais como tantos outros sectores, tamén o cultural intenta reconverterse. Educateatro faino adaptando algúns dos seus espectáculos para que poidan ser representacións ao aire libre ou pasarrúas que non estean condicionados polo aforo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará